Jaframo Asesores

TR341D – XEMPRE AUTÓNOMO. PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

placeholder

OBXECTO:

1.- A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

2.- Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023, ambos inclusive.

REQUISITOS:

a.- Estaren inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoas autónomas ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecer de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e encontrarse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

b.- Teren iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

c.- Estaren de alta no imposto de actividades económicas.

d.- Desenvolveren a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

e.- Teren o domicilio fiscal en Galicia.

f.- Non teren percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data de inicio da nova actividade.

g.- Non teren desenvolvido como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade nos seis meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade, nin que estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores.

RESPETAMOS TU PRIVACIDAD
Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia de navegación, personalizar contenido y mostrar anuncios relevantes. Al hacer clic en "Aceptar todo", aceptas el uso de cookies. Puedes obtener más información en nuestra Política de Cookies.y configurar tus preferencias pulsando en "Configurar cookies"